HomeCultura"Que din as rumorosas", o día 7 de marzo no Multiusos de...

“Que din as rumorosas”, o día 7 de marzo no Multiusos de Monforte

A obra enmárcase dentro do programa de actos do 8M Día Internacional da Muller, organizado pola Concellería de Muller e Igualdade e o CIM, en colaboración coa Concellería de Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o concello de Monforte programa para este xoves, 7 de marzo, ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para adultos Que din as rumorosas, da compañía Artyc Content, obra dirixida por Paula Carballeira e composta e interpretada por Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro e Carmen Cotelo.

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes. A obra foi galardoada co IV Premio “Luisa Villalta” a proxectos pola Igualdade 2022 (Diputación da Coruña).

Sinopse

Trátase dunha comedia coral sobre como ser artista… e muller.

Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.

Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da arte como camiño inevitable.

Un ano máis aplicando as políticas de igualdade dun xeito transversal a Concellería de Cultura colabora coa Concellería de Muller e Igualdade incluíndo na súa  programación obras teatrais con perspectiva de xénero.

A seguinte obra do ciclo de teatro programada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e tamén integrada dentro do programa de actos do 8M Día Internacional da Muller do Concello de Monforte, será Valente e rebelde da compañía Trémola Teatro, que terá lugar o domingo 10 de marzo ás 6 da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura, con entrada gratuíta e irá dirixida a público familiar.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...