HomeEconomía120.000€ para a mellora da estrada provincial LU-P-0901, que conecta Bóveda e...

120.000€ para a mellora da estrada provincial LU-P-0901, que conecta Bóveda e Monforte

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial vén de aprobar a adxudicación de obras de mellora na LU-P-0901, que conecta os concellos de Bóveda e Monforte de Lemos por un importe de preto de 120.000€. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez y Cía, o proxecto ten un prazo de execución de 3 meses e afecta a un tramo de dous quilómetros e medio, entre o punto quilométrico 8,319 e o 10,709.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos nesta vía consistirán na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente, e a sinalización horizontal e vertical. Ademais, inclúe unhas melloras de obra consistentes no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o orzamento definitivo das obras de arranxo que tivo que acometer de emerxencia a Deputación en dúas estradas tras as intensas choivas de finais do ano pasado. Por un lado, aprobou un presuposto de preto de 64.000€ para a LU-P-5303, ao seu paso polo concello de Ribas de Sil, no punto quilométrico 5,200, onde tivo que restituír o sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentar a zona afectada.

Aprobouse tamén o investimento de máis de 3M€ para acometer as tarefas de desbroce dos 4.217 quilómetros de estradas provinciais. O contrato para os desbroces está dividido en 24 lotes, correspondentes ás distintas zonas xeográficas da provincia:

  • Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
  • Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
  • Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
  • Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
  • Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
  • Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
  • Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
  • Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
  • Zona 9: Lugo e Guntín.
  • Zona 10: Castroverde e O Corgo.
  • Zona 11: Friol.
  • Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
  • Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
  • Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
  • Zona 15: Becerreá e As Nogais.
  • Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
  • Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
  • Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
  • Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
  • Zona 20: Taboada e O Saviñao.
  • Zona 21: Chantada e Carballedo.
  • Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
  • Zona 23: Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
  • Zona 24: Pantón e Sober.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...