HomeTerra de LemosO SaviñaoO Concello do Saviñao concéntrase polo 8M e adia a Andaina

O Concello do Saviñao concéntrase polo 8M e adia a Andaina

Este venres tivo lugar a concentración e lectura do manifesto para conmemorar o Día Internacional da Muller. Lembramos outras actividades da programación 8M para este mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao, como xa é tradicional, convocou unha concentración diante da Casa do Concello ás 12:00 h. para proceder á lectura do manifesto do Día da Muller.

No que respecta ao resto de actos de conmemoración do 8M fontes do concello anunciaron que a andaina programada para este sábado 9 de marzo queda suspendida dadas as condicións meteorolóxicas de choiva e frío. A camiñada, circular de 10 quilómetros, comunicaba Escairón co Ecomuseo de Arxeriz, onde habería unha visita guiada. Á volta, na carpa da Praza do concello habería pinchos e entrega de mochilas aos participantes.

A falta de saber a nova data desta andaina, dende o concello sinalan que aínda se pode apuntar máis xente no concello.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ata o 15 de marzo pódese participar no concurso de debuxo baixo o lema: “Mulleres e nenas que moven o mundo”. As bases están na web do concello e nas súas redes sociais.

O 12 de marzo o alumnado do CPI Dr. López Suárez participará en obradoiros de igualdade organizados dende polo concello.

E como é tamén costume, ata o 31 de marzo a fachada da Casa do Concello permanecerá iluminada de cor violeta para visibilizar o mes da muller.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...