HomeCulturaEste domingo "Valente e Rebelde" na casa da cultura de Monforte con...

Este domingo “Valente e Rebelde” na casa da cultura de Monforte con motivo do 8M

O Concello de Monforte acollerá a segunda peza teatral incluída dentro do programa de actividades do 8M, mañá domingo, 10 de marzo, ás 6 da tarde no Salón de Actos da Casa da Cultura, coa obra Valente e rebelde, da compañía Trémola Teatro

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

Dende o Concello de Monforte, a través da concellería de Muller e Igualdade e o CIM, e en colaboración coa concellería de Cultura, programouse, co gallo do “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” unha nova representación teatral, dado o éxito que están a ter este tipo de iniciativas culturais.

Deste xeito, este domingo, 10 de marzo, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura vaise levar a cabo a representación teatral “Valente e rebelde” da compañía Trémola Teatro, que terá unha duración de 50 minutos, será con entrada gratuíta e irá dirixida ao público familiar.

Algunha vez quixeches descubrir o que escribe a túa irmá maior no seu libro secreto? Anita atopouno e descubriu que escribe e debuxa sobre o seu personaxe favorito. Poderías adiviñar cal é? As dúas actrices que desenvolven a representación teatral darán vida a mil e unha aventuras a través de xogos e disfraces para demostrar que o mellor é ser Valente e Rebelde.

Trémola Teatro é unha compañía creada a finais do 2017. As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mentres realizaban estudos de interpretación. A compañía creceu, e actualmente a compoñen catro actrices máis. Coa mesma ilusión que ao principio, Trémola Teatro non para de percorrer Galicia e Madrid cos seus espectáculos.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...