HomeCulturaJaime López García, alumno da Gándara, finalista do Concurso de Debuxo de...

Jaime López García, alumno da Gándara, finalista do Concurso de Debuxo de Aqualia foi recibido polo alcalde de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu este martes a Jaime López García, alumno de 4º de Primaria do Colexio da Gándara, que resultou finalista do Concurso Nacional de Debuxo de Aqualia, no que participaron 2.500 nenos e nenas de 3º e 4º de ESO de toda España, e no que Jaime quedou entre os 30 finalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde recibiu na Casa do Concello a este alumno monfortino, que veu acompañado na súa nai. Tamén estiveron presentes a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e por parte de Aqualia, a xefa de servizo en Monforte, Paula Díaz, e o responsable provincial, Carlos Álvarez.

O Alcalde fixo entrega a Jaime López, dunha medalla, dunha tarxeta agasallo de 30€ en material deportivo, e a reprodución do seu debuxo premiado en cartón pluma.

Os responsables do concurso valoraron a súa creatividade e o seu coñecemento sobre a auga e sobre como coidar a biodiversidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...