HomesociedadeI Work Ribeira Sacra Chantada

I Work Ribeira Sacra Chantada

O auditorio municipal de Chantada vén de acoller unha proposta nova que forma parte das actividades complementarias da 41 edición da Feira do Viño de Chantada que se celebraba a pasada fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tratábase da I edición do Work Ribeira Sacra, primeiro evento networking que se realiza ao redor desta emblemática cita que exalta o viño das ribeiras de Chantada. A concelleira de turismo de Chantada, Pamela Fernández, inaugurou a xornada promovida polo Concello de Chantada. O desenvolvemento do programa estaría conducido por Silvia Panadeiros de WorkEvents.

A iniciativa Work Ribeira Sacra estaba destinada, principalmente, a empresarios, autónomos e emprendedores que desenvolven os seus proxectos de vida na Ribeira Sacra. Acudían a coñecer as experiencias que trasladarían: Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra; Beatriz Pérez de Máis que Románico; Manuel Gallego, responsable da área de turismo cultural en Xeitura Patrimonio SCG e Idoia Costa, investigadora especializada en Cestaría.

Despois dos distintos relatorios tivo lugar unha mesa redonda coa participación dos asistentes, onde se abordaron cuestións como a gastronomía, o patrimonio, os recursos e potencialidades do territorio Ribeira Sacra e como emprender ou desenvolver un negocio promocionando este tipo de valores.

O punto e final a esta primeira edición de Work Ribeira Sacra Chantada tivo lugar no Restaurante Pulpería Os Pendellos onde gozaron da gastronomía e dos viños locais.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...