HomesociedadeA Ribeira Sacra espera chegar ao 82% de ocupación esta Semana Santa

A Ribeira Sacra espera chegar ao 82% de ocupación esta Semana Santa

Cos datos recollidos ata o de agora, se as previsións se manteñen, a ocupación será dun 6% máis que na Semana Santa 2023. A diferenza máis significativa está na comparativa da ocupación entre os días previos e os centrais que se reduce significativamente. Dos aloxamentos que remitiron os seus datos, teñen unha ocupación bastante máis elevada de venres a mércores; principalmente hoteis de 3 e 4 estrelas e turismo rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cos datos recollidos ata o de agora, a ocupación media para a Semana Santa é do 82%. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra define dúas franxas de ocupación. Por unha banda, os días previos aos festivos que abranguen do venres 22 ao martes 26 de marzo, e por outra banda, os días centrais que van dende o mércores 27 ao luns 1 de abril (este último festivo en varias CCAA):

Días previos (22/03-26/03):

  • Hoteis 3 e 4*: 75% (63% en 2023)
  • Turismo rural: 82% (68% en 2023)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 90 % (64 % en 2023)
  • Resto alox.: 69% (59% en 2023) 
  • TOTAL: 79% (63% en 2023)

Días centrais (27/03-01/04):

  • Hoteis 3 e 4*: 78% (87% en 2023)
  • Turismo rural: 83% (88% en 2023)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 95% (91% en 2023)
  • Resto alox.: 83% (88% en 2023)
  • TOTAL: 85% (89% en 2023)

As previsións mantéñense en niveis semellantes a anos anteriores nos días centrais, a excepción dos hoteis que polo momento rexistran menor ocupación. No balance de ocupación é importante destacar o incremento no número de prazas de ano en ano, “polo que o número de hóspedes totais vai a ser superior, probablemente, a calquera Semana Santa anterior. Moitos dos propietarios manifestan que aínda agardan reservas de última hora. Malia iso, teremos que ter moi presente a predición meteorolóxica, que pode condicionar a ocupación das últimas prazas”, conclúen desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...