HomeSucesosSusto en Chantada ao incendiarse un coche no medio da rúa

Susto en Chantada ao incendiarse un coche no medio da rúa

Un home resultou ileso na mañá deste venres tras incendiarse repentinamente o coche que conducía polas rúas do termo municipal Chantada por mor, presuntamente, dun fallo no motor do vehículo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Parque Comarcal de Bombeiros de Chantada que participou na extinción das chamas, o suceso tivo lugar nunha “estreita rúa en costa” situada no centro do municipio.

O condutor afectado, un home de mediana idade, detectou que o motor do turismo desprendía fume polo que procedeu a baixarse do vehículo e conseguiu trasladalo, “con axuda dalgún veciño”, a unha rúa máis ancha, atravesada pola N-540, antes de que o lume se propagase por completo.

Tras ser alertados da existencia dun incendio no centro da localidade, fronte a unha tenda de mobles, unha dotación de bombeiros do Parque Comarcal desprazouse ao lugar do sinistro e procedeu a sufocar as chamas “con auga e escuma”.

A rápida intervención dos bombeiros e a “habilidade do condutor”, que foi quen de trasladar o vehículo xa en chamas a unha zona máis espazosa para evitar que o lume puidese causar danos en turismos e vivendas lindeiras, evitou males maiores.

O vehículo acabou totalmente calcinado no medio da calzada pero non se rexistraron danos, confirmaron fontes do equipo de extinción –no que tamén participaron efectivos da Policía Local do municipio– “nin nas vivendas, nin nos toldos, nin o mobiliario público da localidade”.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....