HomeCulturaA Confraría do Viño de Quiroga busca aumentar seguidores e anuncia a...

A Confraría do Viño de Quiroga busca aumentar seguidores e anuncia a Feira do Viño da próxima fin de semana

A Confraría do Viño de Quiroga co seu tradicional desfile anunciaba este sábado pola mañá que a Feira do Viño está  próxima. Antes do inicio do desfile, ás doce do mediodía na casa consistorial nomeábase a José Luís Rivera como Gran Mestre da Confraría do Viño de Quiroga. Segundo os estatutos da Confraría este cargo recae no Alcalde do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), acompañados do Grupo de gaitas O Recanto, recorreron a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Museo Etnográfico de Quiroga. Este solemne acto -que preside o Confrade Maior, o alcalde quirogués, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación. Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizaban unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico.

Neste momentos a Confraría do Viño de Quiroga busca aumentar o número de confrades polo que ten aberto o prazo para que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes. Ata o de agora a confraría tiña 23 prazas, pero agora vaise aumentar ata as 33. Esta institución foi creada hai máis dunha década con 23 confrades, desde entón poucos cambios nos seus membros ata que no  2019, unha praza vacante, permitiu a incorporación da primeira muller confrade.

Requisitos imprescindibles para formar parte da Confraría do Viño é estar interesado no mundo do viño e implicarse nas actividades que convoca esta organización. Ademais para poder presentarse as persoas interesadas deberán contar con tres padriños que sexán confrades en activo.

O prazo para presentar as solicitudes -que deben cumprimentarse na Casa da Cultura- estará aberto ata o 30 de abril. Unha vez presentadas haberá unha votación por parte dos confrades ordinarios para elixir  aos novos membros, segundo mandan os estatutos desta asociación.

Confraría do Viño de Quiroga 2024 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...