Homesociedade"Contrastes", exposición de pintura en Quiroga con Montefurado como protagonista

“Contrastes”, exposición de pintura en Quiroga con Montefurado como protagonista

Pódese visitar ata o 4 de abril na sala de exposicións Manuel María da Casa da Cultura. As obras, pinturas ao óleo sobre papel e sobre lienzo, son obra de Mercedes Mondelo, orixinaria de Montefurado e residente en Santa Cruz de Tenerife.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na inauguración da exposición o pasado 22 de marzo estiveron, ademais do público asistente, a protagonista, Mercedes Mondelo; o Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera; e o concelleiro Luis Manuel Arias.

O rexedor quirogués deu a benvida e presentou á pintora orixinaria de Montefurado e a continuación o profesor Pepe Pol dedicoulle unhas verbas que escribiu para autora. Mercedes Mondelo, emocionada, tivo palabras de agradecemento para os presentes e, sobre todo, para a súa familia.

Mercedes Mondelo. Foto: XMF

A artista, Mercedes Mondelo, desenvolveu a súa vida profesional entre Galicia e Canarias como profesora de Matemáticas vivindo na actualidade en Santa Cruz de Tenerife. A temática da súa obra vai dende o realismo ata o abstracto. No realismo –no destacan a potencia das casas vellas de Montefurado– a artista afirma, que cada parede, porta ou ventá é unha homenaxe aos seus antepasados, mentres que no abstracto deixa voar a imaxinación permitindo que as cores se apropien do lenzo.

Mercedes Mondelo forma parte dende hai case vinte anos dun grupo de pintura en Tenerife (Club de Mar Radazul) e conta que a súa afección por esta disciplina artística chegoulle de nena, observando ao seu veciño, o pintor Sr. Andrés.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...