Homesociedade6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O Polígono Industrial dos Acivros púxose en marcha en 1986 cunha primeira fase que fixo Sigalsa e da que queda por vender unha parcela de máis de 8.000m2. A segunda fase fíxoa Suplusa a través da Deputación Provincial e despois das últimas vendas, quedarían 3 parcelas por vender.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros en compaña de Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de empresarios de Chantada-CCA Ribeira Sacra, para coñecer como se están desenvolvendo as labores de limpeza que a administración local está levando a cabo en viais e beirarrúas do Polígono chantadino.

Durante o encontro analizaron a alta demanda de parcelas deste parque empresarial. Na actualidade 6 empresas locais están construíndo as súas naves en parte das parcelas que estaban libres. Manuel Lorenzo Varela asegura que “é un feito histórico para Chantada que se instalen 6 empresas ao mesmo tempo e todas elas de sectores distintos. Na actualidade o polígono chantadino é o que experimenta un maior crecemento na provincia de Lugo con respecto ao número de habitantes.”

O rexedor local informou de que se estaban levando a cabo os trámites necesarios para, no menor prazo de tempo posible, realizar a ampliación do polígono e seguir dotándoo de sinalizacións identificativas nos accesos á área industrial. “O ritmo do polígono vai moi ben, estanse esgotando as parcelas, quedan 3 ou 4 por vender. Desde o Concello estamos traballando a marchas forzadas para facer as ampliacións pertinentes. Ampliaremos cara a N- 540 para darlle máis visibilidade ao Polígono e ampliaremos por detrás de onde se fixo a segunda fase”, explica o alcalde.

O Concello de Chantada faise cargo de tódolos servizos do Polígono dos Acivros, alcantarillado, alumeado, rúas e beirarrúas. O ano pasado a Xunta de Galicia e o Concello destinaban 1.300.000€ á mellora do subministro eléctrico desde a subestación de Vilela, en Merlán, “co que o Polígono ten capacidade eléctrica para multiplicarse por 3”, asegura o alcalde.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...