HomesociedadeAberto o concurso de carteis para as Festas Patronais de Monforte

Aberto o concurso de carteis para as Festas Patronais de Monforte

O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar a convocatoria do XIX Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de presentar o concurso para o cartel anunciador das Festas Patronais de 2024 do mes de agosto.

As bases, así como a convocatoria do mesmo, foron aprobadas na Xunta de Goberno celebrada o luns día 25 de marzo e xa se pode accedere a elas a través da páxina web do Concello de Monforte. O prazo para presentar os deseños orixinais queda aberto ata o 3 de maio de 2024, haberá un único gañador –que será o cartel anunciador e portada do programa das Festas– e o premio está dotado con 1.000 euros, impostos incluídos.

“Dende o concello animamos a todos os artistas a participar nesta convocatoria, para que nos axuden a acadar un bo cartel para as nosas Festas Patronais, que anime a todo o mundo a achegarse no mes de agosto a disfrutar delas, ensalzando así un evento que é moi importante para a nosa sociedade e para os nosos sectores económicos”, comentaba José Tomé na presentación do concurso á prensa.

O XURADO

O Xurado do concurso estará composto polas seguintes persoas:

PRESIDENTE: A Delegada-Concelleira de Cultura ou persoa á que designe.

VOGAIS: Persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos.

SECRETARIO: O técnico de cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso.

A decisión do xurado farase pública o luns 13 de maio de 2024.

CRITERIOS DE SELECCIÓN E PUNTUACIÓNS MÁXIMAS

Temática e relación coa cidade de Monforte e as súas festas: 30 puntos.

Mellor deseño gráfico: 30 puntos.

Tratamento das cores e tipo de letras: 20 puntos.

Diferentes usos do texto e das imaxes: 20 puntos.

Calidade técnica: 20 puntos.

Calidade artística: 20 puntos.

Impacto visual: 20 puntos.

Creatividade: 20 puntos.

Orixinalidade no deseño da montaxe: 20 puntos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...