HomesociedadeO IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Serán dous dos 53 centros de ensino galegos que se incorporan este ano a esta iniciativa que desenvolve e subvenciona dende hai anos a Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o centro de ensino monfortino IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño de Pantón, desenvolverán clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2021-2025, é fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…).

A provincia que máis centros ten integrados ao programa é A Coruña con 162, mentres que a provincia de Lugo contará con 60 centros de ensino (5 novos este ano e dous deles no Sur de Lugo como son o do IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 600 e 1.235 €, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

DESENVOLVEMENTO DOS CLUBS DE LECTURA

Poñer en marcha un Club de Lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso. O espazo onde se desenvolven son as bibliotecas escolares véndose enriquecidos co emprego das tecnoloxías da información e tamén coa participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.

Ademais da dinamización da lectura, e contribuír na aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...