HomesociedadeTorre de Homenaxe en azul, este martes polo Día Mundial de Concienciación...

Torre de Homenaxe en azul, este martes polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A campaña deste ano, a través do lema “Máis cerca do que cres” pon o foco en que todos temos moi preto a una persoa con autismo, xa que o 1% da poboación é autista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará este martes, 2 de abril, na tarde noite a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “estímase que 450.000 persoas teñen trastorno do espectro do autismo en España, cifra que se eleva a case un millón e medio de persoas vinculadas ao autismo se temos en conta tamén o impacto que produce nas súas familias. Para elas, o acceso á educación e ó emprego non son só un dereito, se non tamén factores clave para a súa calidade de vida, e como resalta o lema deste ano, estas persoas tamén teñen todo o dereito a ter unha vida feliz. Por iso dende o Concello de Monforte sumámonos a esta campaña, co obxectivo de darlle visibilidade e apoio ás persoas, e ás súas familias, que padecen este trastorno”. 

Cada ano milleiros de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, #LIUB), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia. No pasado ano 2023 ilumináronse en España máis de 500 monumentos.

ÚLTIMAS

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...