HomesociedadeCharla sobre o programa de acollida "Vacacións en paz 2024", este 5...

Charla sobre o programa de acollida “Vacacións en paz 2024”, este 5 de abril no centro cívico de Monforte

Dende a ONG SOGAPS (Solidaridade Galega co Pobo Saharaui) organízase para este venres, 5 de abril, ás 20.00 no Centro Cívico do Malecón de Monforte unha nova charla informativa, logo da charla celebrada o pasado 16 de marzo, para que as familias interesadas poidan segur coñecendo o programa de acollida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

SOGAPS (Solidaridade Galega co Pobo Saharaui), ONG que traballa na mellora das condicións de vida tanto dos refuxados sahaurauis coma da población residente no Sáhara Occidental ocupado, retoma o impulso da súa actividade na provincia de Lugo.

Tal e como se expuxo na anterior convocatoria, “Vacacións en Paz” é un proxecto de acollida temporal de nenas e nenos saharauis durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia leva a cabo SOGAPS a petición expresa do goberno da República árabe Saharaui Democrática (RASD).

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desnde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos teñan unha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas.

O obxectivo é trasladar a nenas e nenos saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Arxelia), para pasar dous meses do verán acollidos por familias galegas.

A charla deste venres estará impartida pola presidenta de SOGAPS, Maite Isla, quen ampliará información e resolverá as dúbidas que as familias podan ter en relación con todo o que conleva participar no programa de acollida. Darase conta tamén das diferentes accións que se pretenden levar a cabo cas diferentes administración locais da comarca ás ques se lles solicitará colaboración para axudar ás familias que decidan acoller a través do programa “Vacacións en Paz 2024″.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...