HomesociedadeSober celebra a XXII Festa das Avoas e dos Avós

Sober celebra a XXII Festa das Avoas e dos Avós

Será no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme o vindeiro sábado 27 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober ultima xa os preparativos da XXII Festa das Avoas e dos Avós, que se celebrará a finais deste mes de abril, concretamente o día 27, no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

A esperada e concorrida cita dará comezo ás 13:30 horas cunha misa. A continuación haberá un xantar e non faltará a música. Como guinda, farase un sorteo de agasallos para todos e todas. O menú será a base de empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán e queixo, café e bebidas.

O prezo para asistir é de 10 euros para empadroados e 20 euros para as persoas non empadroadas e o concello poñerá servizo de transporte para aquelas persoas que o precisen.

Dende a organización piden confirmación da asistencia antes do 24 de abril chamando aos teléfonos seguintes: 982 46 00 01 / 982 46 05 13.

ÚLTIMAS

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...