HomePolíticaO PP de Monforte pídelle a Tomé que "deixe de ser o...

O PP de Monforte pídelle a Tomé que “deixe de ser o alcalde da maquillaxe e renove abastecemento e saneamento”

Katy Varela “ve fundamental” que o equipo de goberno se preocupe tamén pola renovación “do que non se ve” xa que a política “da maquillaxe co asfalto” do alcalde está a provocar que periodicamente os monfortinos teñamos que sufrir cortes de auga por roturas na rede.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o PP de Monforte pedirán no vindeiro pleno que José Tomé “deixe de ser o alcalde da maquillaxe” e comece a ter unha preocupación real pola situación de todas as infraestruturas do municipio.

A voceira popular, Katy Varela, explica que periodicamente hai cortes na rede de abastecemento ou hai problemas co saneamento debido a roturas nestas redes. Un problema que lonxe de solucionarse “está a enquistarse pola política seguida polo alcalde de botar asfalto por enriba do asfalto”.

“Consideramos fundamental que dende o equipo de goberno teñan unha preocupación real pola renovación das redes de saneamento e abastecemento, polo que pediremos que cando proxecten a renovación dunha rúa non se queden só no que ve a xente, que é o asfalto, senón tamén que planifiquen melloras nas redes de saneamento e abastecemento ou, incluso, o soterramento do cableado”, explicou.

No último pleno, o equipo de goberno aprobou un investimento de 566.781€ para a reposición de infraestruturas e bens, partida orzamentaria que os populares consideran que pode destinarse en parte a este fin, “non é a primeira vez que vemos como gastan os cartos en asfaltar para, ao pouco tempo, ter que romper o asfaltado para arranxar roturas nas tubaxes, como sucede agora na rúa Concepción Arenal”.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...