HomesociedadeMonforte estrea novo furgón de atestados para a Policía Local

Monforte estrea novo furgón de atestados para a Policía Local

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “vimos de incorporar á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo furgón de atestados para a Policía Municipal “destinado a facilitar odesempeño das súas funcións e en concreto nas actuacións como confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que leva a cabo na vía pública”, sinala o rexedor monfortino.

No acto de presentación acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, así como diversos axentes da Policía municipal monfortina.

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros e foi finalmente adquirido por 62.434,79€. O vehículo foi personalizado con rotulación exterior segundo a Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e rotulación dos vehículos a disposición das policías locais e vixiantes municipais na comunidade autónoma de Galicia, publicada no DOG núm. 1 do 3 de xaneiro de 2011.

ÚLTIMAS

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...