HomesociedadeDegustacións comentadas na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga

Degustacións comentadas na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga

A Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló, xa ten pechado o programa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recreación da elaboración tradicional no muíño de Bendilló e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia que comezará ás once e media da mañá.

A novidade desta edición será a degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas. Esta degustación terá prazas limitadas e soamente se precisa anotarse antes do seu inicio no mesmo lugar de celebración. Para facilitar o maior número posible de participantes celebraranse dúas quendas, unha ás doce do mediodía e a outra a unha. 

O Recanto na Mostra do Aceite de Quiroga (arquivo) / XdL

Non faltará a música tradicional nesta xornada que virá da man do grupo de gaitas de Quiroga, “O Recanto”, e do grupo “Merenzao”, este último virá da man do programa Tradigalu, da área de cultura da Deputación Provincial.

Sete son os olivicultores que participarán na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.

Recinto feiral na XXII Mostra do Aceite de Quiroga. Foto: RTMQ

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...