HomeDeportesClub Quixós: 8 medallas e segundo posto por equipos en Salvaterra

Club Quixós: 8 medallas e segundo posto por equipos en Salvaterra

Competía este domingo en O Cordeiro na 2ª Copa Galega de Promoción Slalom.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As promesas do club de Piragüismo monfortino desprazáronse a O Cordeiro, no Concello de Salvaterra, para competir na segunda proba do campionato galego na modalidade de Promoción Slalom.

Oito piragüistas, sete competindo polas medallas e unha como abridora (Sara Inés), navegaron nun río Tea con bastante canle e corrente que favoreceron os descensos rápidos. Despois de dúas mangas, nas que todo transcorreu sen incidentes, chegou o momento de ver as clasificacións e da entrega de medallas. Balance: 8 medallas individuais e 1 colectiva, co segundo posto por equipos para os/as monfortinos/as.

Santi Díaz, director técnico do Club Quixós, recollendo o trofeo no podium. Foto: XMF.
Antonio Cortiñas fotografiando momentos da competición. Foto: XMF.
MEDALLEIRO INDIVIDUAL

En infantil masculino, Edgar Álvarez acadou dúas medallas: un ouro en C-1 (canoa), e unha prata en K-1 (kayak); metres que en feminino, África Guitián volveu para Monforte con outros dous metais: unha prata en K-1, e un bronce en C-1.

En alevín 2 foron os piragüistas que tocaron podium; Xoel Fernández alcanzou o primeiro posto en K-1 e C-1; e Lucas Pavón foi bronce en K-1.

Finalmente, Manuel Rodríguez foi prata en K-1 na categoría benxamín.

Piragüista do Quixós pasando unha porta. Foto: XMF.

O vindeiro sábado 20 de abril o Club Quixós viaxará a Portugal para competir noutra proba do Campionato galego en Covas.

ÚLTIMAS

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...