HomeTerra de LemossanidadeSesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano...

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A charla está promovida pola 'Federación Galega de Dano Cerebral' e será o vindeiro 24 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sober ás 12:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha ‘Guía legal’ que recolle os principais cambios normativos que afectan ao colectivo de persoas con dano cerebral e ao conxunto da discapacidade en xeral.

Aborda principalmente o fin das coñecidas comunmente como “incapacitacións” para pasar a un sistema de apoios, entre outras cuestións.

Para dar a coñecer estas modificacións legais, así como a guía que os resume, a devandita asociación está a organizar unha serie de presentacións que a vindeira semana chegan a Sober. A cita é o 24 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura, entre as 12:00 e 13:30.

Os relatores serán o avogado, autor da guía e asesor legal de FEGADACE, Miguel Vieito, e a traballadora social da Federación, Carla Miranda.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...