Homesociedade24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

A boa climatoloxía acompañou ás numerosas persoas que se achegaron a degustar o aceite local e ver o funcionamento do muíño tradicional de Bendilló.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana con sete produtores de aceite: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento. Participaron tamén varios artesáns locais de diferentes especialidades.

Durante a mañá celebrouse unha degustación comentada de aceites na capela das Farrapas, situada xunto ao recinto da feira, actividade que espertou notable interese entre o público. Entre as autoridades que visitaron a mostra, acompañados/as polo equipo de Goberno do Concello de Quiroga, estiveron o responsable de Promoción Económica e Social da Deputación, Pablo Rivera Capón, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Degustación comentada na Igrexa das Farrapas. Foto: RTMQ
Ambiente do recinto feiral e o grupo tradicional Merenzao tocando en primeiro plano / XdL

A cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, ademais da demostración da elaboración artesanal do aceite no Muíño das Farrapas, contou con postos de produtos típicos da zona e actuacións dos grupos tradicionais O Recanto e Merenzao. A organización estuda ampliar a duración da feira e outros cambios para vindeiras edicións.

Demostración da moenda cas olivas no Muíño de Bendilló. Foto: RTMQ
Un dos produtores coa súa dona na Mostra do Aceite deste ano / XdL

A Deputación De Lugo, así como a Xunta, colaboran na organización do festexo gastronómico co Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...