Homesociedade"A nai que me pariu!" campaña do CCU de Sarria polo Día...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU organiza desde este luns, 22 de abril, e ata o día da nai (5 de maio) unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria con motivo do día da nai. Dende este luns e ata o 5 de maio as compras nos establecementos asociados dan a oportunidade de premiar a unha nai cun regalo especial.

Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas hurnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dunha mamá (que pode ser súa nai, ela mesma, unha avoa, unha tía, …). 

O mércores, 8 de maio, procederase ao sorteo e coñecerase a mamá premiada que gozará dunha estancia de dous días para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión.

Os clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria teñen onde escoller para mercar os seus agasallos grazas a gran variedade de establecementos e de moi diversos sectores que forman parte da Asociación: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallo, colchoerías, decoración, restaurantes…

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...