HomeDeportesCompleta fin de semana do Quixós en Portugal

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O club monfortino desprazouse a Covas, en Vilanova de Cerveira, para competir na II Copa Promoción e no Campionato Galego de novas Promesas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom, os máis pequenos do Quixós, colleitando un total de 9 medallas individuais e un segundo posto por equipos. Os piragüistas que colleitaron medallas foron, por categorías:

Infantil: Edgar, un ouro en C-1 e unha prata en K-1; e África, unha prata en K-1, e un bronce en C-1.

Alevín: Xoel Fernández, dous ouros en K-1 e C-1; Lucas un bronce en K-1, e Rodrigo, unha prata en C-1.

Benxamín: Breixo, unha prata en K-1.

Carlos recollendo o trofeo polo 2º posto por equipos tras a proba do sábado 20. Foto: XMF

O domingo 21 o Quixós competía de novo, pero nesta ocasión no Campionato de Novas Promesas Slalom. Acadaron tamén o subcampionato e 6 medallas individuais. Estes foron os piragüistas que acadaron metal:

Cadete: Sara, ouro en K-1 e prata en C-1; e Martín, medalla de ouro en K-1.

Infantil: África, prata en K-1 e bronce en C-1, e Edgar, ouro en K-1.

Foto de equipo tras a competición do domingo 21 en Covas. Foto: Club Quixós.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...