HomeSucesosA Policía Nacional detivo a seis persoas, unha delas en Monforte, na...

A Policía Nacional detivo a seis persoas, unha delas en Monforte, na denominada Operación Cuore

Todas as persoas detindas están supostamente implicadas nunha estafa de 150.000 euros que foi denunciada na Comisaría provincial lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse no principio do ano, despois de que unha muller denunciase que a estafaron tras establecer amizade con outra persoa, que presuntamente se atopaba en Estados Unidos, a través de redes sociais.

A Policía descubriu que, detrás desa estafa, existía unha rede internacional con vínculos en varias provincias españolas. Así, esta rede utilizaba o diñeiro que estafaba ás vítimas para comprar camións, pagar os gastos que xeraban as transaccións e envialos a algún país de África, onde de novo eran vendidos no mercado local.

Os membros do grupo realizaban as operacións de forma independente, de maneira que uns dedicábanse ás estafas, outros a comprar o material e envialo, e outros a blanquear o capital. As detencións producíronse en Monforte (Lugo), Madrid e Pamplona, e tamén se investiga a persoas en Conca e Granada.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...