HomesociedadeO Incio e Oural melloran a súa comunicación por estrada por 930.000...

O Incio e Oural melloran a súa comunicación por estrada por 930.000 euros

As obras de mellora integral da estrada autonómica LU-642 entre O Incio e Oural veñen de completarse. A Xunta destinou a estas actuacións 935.000 euros, co obxecto de mellorar a seguridade  e as condicións de circulación do tráfico rodado.

Publicado o

- Advertisement -

As obras nesta estrada autonómica desenvolvéronse nun treito de 8,3 quilómetros, cun orzamento de 614.000 euros. As obras consistiron na reparación, regularización e selado do firme entre os puntos quilométricos 0+000 e 8+300, coa extensión posterior dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente. Renovouse e repúxose a sinalización horizontal e vertical, novo balizamento e defensas.

A Administración autonómica xa actuara noutros tramos desta mesma estrada, en concreto entre as localidades de O Hospital e A Ferrería -cun investimento de 136.000 euros- entre os puntos quilométricos 8,300 e 12,600 no seu enlace coa LU-641, para o que se destinaron 185.000 euros.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...