HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelFeira e poxa de Gando en Seoane do Courel

Feira e poxa de Gando en Seoane do Courel

Celebrouse este sábado 4 de maio e, aínda que pasada por auga, reuniu bastante xente. O prezo máis elevado da poxa de xovencas ascendeu a 2.400 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 4 de maio celebrouse un novo encontro gandeiro como os de antes na localidade de Seoane do Courel, co protagonismo da poxa de xovencas de raza Rubia Galega que organiza o Concello de Folgoso do Courel en colaboración coa Asociación San Xoán de Seoane, e a ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega).

Entre outros, participaron neste encontro a deputada provincial do PP, Raquel Arias, e o deputado de Medio Ambiente, Carlos López. A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gaioso Castro a estacita gandeira, que concentrou a un bo número de gandeiros e gandeiras da provincia, do resto de Galicia e doutras comunidades, como Asturias ou Castela.

Rubia Galega. Foto: Concello de Folgoso do Courel, Turismo.

O prezo medio dos animais foi de 2.300 euros e o máis elevado ascendeu a 2.400.

O evento contou coa colaboración tamén da Caixa Rural e Xunta de Galicia.

AMBIENTE DE FEIRA

No recinto feiral, na ubicación habitual e a cuberto, desenvolveuse a poxa e na contorna houbo postos de polbo e churrasco, así como tamén de artesanía, plantas e sementes e produtos locais.

Posto de sementes e plantas. Foto: Concello de Folgoso do Courel, Turismo.

Houbo tamén música a cargo do grupo tradicional O Recanto, de Quiroga, e outros músicos que participaron espontaneamente.

O Recanto. Foto: Turismo do Concello de Folgoso do Courel.
Música na Feira de Seoane 2024. Foto: Concello Folgoso do Courel, Turismo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...