HomeEconomíaA Xunta outorga autorización previa a unha planta fotovoltaica con 5.700 placas...

A Xunta outorga autorización previa a unha planta fotovoltaica con 5.700 placas xunto ao parque eólico de Páramo

Sería un parque cunha potencia de 3.200 quilowatts (kw), que alcanzan os 23.200 kw se se ten en conta a potencia eólica.

Publicado o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, outorgou autorización administrativa previa e de construción para a hibridación dunha instalación solar fotovoltaica co parque eólico Serra do Páramo que a empresa Virandel promove no concello lucense do Páramo. Este martes, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou dita resolución para a construción dun parque cunha potencia de 3.200 quilowatts (kw), que alcanzan os 23.200 kw se se ten en conta a potencia eólica. 

Contaría con 5.700 paneis solares de silicio monocristalino, segundo se desprende das características técnicas do proxecto. “Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas”, lembrou a Xunta.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...