HomePolíticaA N-540, a estrada "das fochancas do PP"

A N-540, a estrada “das fochancas do PP”

Publicado o

- Advertisement -

Esta estrada que une Lugo con Ourense ten tramos que son un auténtico perigo para a circulación. Os socialistas acusan ao PP e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de “rirse dos veciños”.

Nun tramo de catro quilómetros concéntranse o maior número de fochancas por metro cadrado de Galicia. É a N-540 que une Lugo con Ourense, unha estrada de titularidade estatal que leva anos completamente abandonada.

Tras múltiples denuncias de veciños e asociaciacións, o PP anunciou máis de 20 millóns para esta infraestrutura: 6,6 para mellorar tres treitos; 6 da conservación dos orzamentos estatais (PXE) de 2017; 2 millóns da seguridade viaria do PXE de 2017; 1,5 de emerxencia para bachear e 4 do PXE de 2018. Pero, ese diñeiro non aparece por ningures. O único que se ten feito é tapar algúns buracos nos últimos meses que non amañan a súa situación e a estrada segue sendo a estrada das fochancas de Galicia.

É a denuncia que fai o PSdG que acusa aos populares e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de ser responsables e cómplices desta situación. Por iso, esta formación realizou este venres un acto reivindicativo ao pe desta estrada. Aí estaba o Secretario Xeral do PSOE pola Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a deputada Socialista no Congreso pola Provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz, o Senador Socialista pola Provincia de Lugo, Ricardo Varela, o Coordinador coa Comarca do Suroeste da Executiva Provincial Socialista, Rafael García, xunto a voceiros e secretarios do PSOE nos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla. Xuntos esixiron “arranxo integral xa da N-540”.

CRÍTICAS AO PP

“O Partido Popular coa complicidade dos Alcaldes de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso estanse a burlar de todos os lucenses, dos seus propios veciños”, denunciou Santos. “Como é posible que se amosen satisfeitos porque se van a pasear as máquinas durante 4 meses pola N-540 para tapar fochancas, cando dende o PP levan prometido máis de 20 millóns de euros para a súa mellora e nada fixeron? Todos se están a rir dos lucenses”, engadiu.

Así, anunciou que o PSOE presentou no Congreso unha proposición non de lei no Congreso para a execución dun Plan de Mellora Integral na N-540, N-547, N-640, N-634, N-642, N-VI, N-120 e A-6. A iniciativa dos socialistas foi aprobada co non do Partido Popular o que implica a presentación de dito plan nos vindeiros meses.

A proposición non de lei do PSOE tamén recolle a execución da A-54 entre Lugo e Santiago, A-56 (Lugo-Ourense), A-82 ou A-74 (Barreiros e San Cibrao), A-76 (Ponferrada-Ourense), A-72 (Chantada-Monforte); a conexión de Alta Velocidade e a construción da imprescindible estación Intermodal para a chegada do AVE á provincia de Lugo; a mellora e modernización dos servizos ferroviarios no conxunto do territorio lugués e a execución do Plan de Reforzo da liña de FEVE Ferrolterra-Ortegal-A Mariña-Asturias.

É a denuncia que fai o PSdG que acusa aos populares e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de ser responsables e cómplices desta situación. Por iso, esta formación realizou un acto reivindicativo ao pe desta estrada.

Concentración polo mal estado da N-540. Fonte: PSdeG

 

 

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...