HomeCulturaPresentación literaria de 'Alma de Violino', sobre Luísa Villalta, en Monforte

Presentación literaria de ‘Alma de Violino’, sobre Luísa Villalta, en Monforte

Organiza o evento a Asociación cultural, educativa e social aulABERTA para este venres, día 10 de maio ás 19:30 horas no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación monfortina aulaABERTA organiza un novo acto e aproveita a celebración das Letras Galegas para facelo. Segundo explican dende a directiva “Eva Teixeiro e Eli Ríos, propóñennos celebrar con Alma de violino un acto cheo de emoción. Esta obra é un álbum ilustrado por Laura Suárez e escrito por Eli Ríos e Beatriz Maceda para todos os públicos, que nos achega á figura da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, con delicadeza e profundidade”.

Ademais da obra que presentará Eli Ríos, escritora e profesora, é autora de moitas outras como, por exemplo, Remexido de patacas, Luns ou Culpable. Tamén colabora coa revista dixital de crítica literaria feminista A Sega.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...