HomesociedadeRibeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra informa de que a previsión de ocupación para esta ponte atópase no 65%. Os Hoteis de 4 e 3 teñen unha previsión de ocupación do 75%, a Casas de Turismo Rural do 56%, a Vivendas Turísticas do 50% e o resto de aloxamentos do 78%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde o Consorcio de Turismo adoita situarse entre o 60 e o 70%, “Se non fose polas previsións meteorolóxicas, poderían terse incrementado estes datos con reservas de última hora”.

Durante todo o mes de abril a ocupación foi do 49% e no pasado fora do 58%. Nos Hosteis de 3 e 4 estralas estiveron ao 60% fonte ao 72% do pasado ano; ao 33% o Turismo Rutal (52 % final en 2023); 30% para as Vivendas de Uso Turístico (46 % final en 2023) e ao 73% o resto de aloxamentos (61% final en 2023)

A ocupación foi só 9 puntos inferior á de 2023, tendo en conta que o pasado ano computábase a ocupación de Semana Santa no mes de abril. Os hoteis de 3 e 4 estrelas rexistraron en fins de semana unha ocupación de máis dun 88%, o turismo rural es as VT/VUT do 62% e outros aloxamentos acadan o 77%.

    A ocupación media durante a ponte do 1 de maio foi do 82% (desglosaremos os datos co balance de finais de maio). Mentres que para o mes de maio son do 49%, sendo no 2023 do 46%.

    Os Hoteis de 4 e 3 estrelas prevén unha ocupación para todo o mes do 60 % (69 % final en 2023); Turismo rural do 31 % (49 % final en 2023), Vivendas Turísticas e de Uso Turístico do 25 % (21 % final en 2023) e o Resto aloxamentos do 80 % (47 % final en 2023). Estas previsións son semellantes ás do último ano, aínda que se agardan reservas de última hora durante a segunda quincena se mellora a climatoloxía. 

    ÚLTIMAS

    Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

    O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

    Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

    A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

    Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

    Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

    Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

    O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...