HomesociedadeFerran Centelles: "Delicadeza é o que falta historicamente en España e a...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

O catador, Ferran Centelles, coñecido pola súa traxectoria no prestixioso restaurante El Bulli e a súa colaboración coa publicación internacional Jancis Robinson, vén de visitar o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Durante a súa visita, Centelles realizou unha cata a cegas de 50 viños da denominación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar a calidade e singularidade dos seus viños no panorama internacional. A presenza dun experto da talla de Centelles subliña o prestixio e recoñecemento dos viños desta D.O.

En palabras de Centelles “A Ribeira Sacra é unha rexión que se valora moito tanto polo esforzo da viticultura que conleva como polos seus produtos, concretamente os seus Mencías atlánticos frescos e os seus Godellos puros e limpos, estes son viños moi atractivos para o mercado”.

Durante a cata, Centelles comentou que o consumidor especializado quizais non valora tanto o custo desta vendima heroica, se non máis a alma e a diferenciación dos viños. “Os viños de Ribeira Sacra son viños moi únicos e singulares, con moito frescor, con toques herbais e vibrantes. Ao consumidor final non podemos pedirlle que valore unha vendima máis esforzada pero podemos ofrecerlle viños máis atrevidos, máis delicados e con máis carácter”, destaca.

O catador concluía que “hai que potenciar máis a singularidade, que as adegas non teñan medo de facer viños dun único viñedo, que faltan, e que non teñan medo de facer viños delicados. Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños.”

Ferran Centelles xa visitara o Consello Regulador no 2020. Naquela ocasión, a súa visita estivo enfocada en reunirse con hostaleiros e adegueiros da rexión para promover o proxecto Bullipedia, unha enciclopedia de coñecemento gastronómico impulsada polo equipo do restaurante.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...