HomesociedadeDo 24 ao 26 de maio, Primavera de portas abertas na Ruta...

Do 24 ao 26 de maio, Primavera de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

O evento foi presentado este mércores na Delegación Territorial da Xunta en Lugo polo delegado, Javier Arias; o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o presidente do Consello Regulador da Denominación, Antonio Lombardía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Primavera de portas abertas é una acción promocional que leva a cabo Turismo de Galicia en colaboración coas Denominacións de Orixe vitivinícolas galegas. Deu comezo o 3 de maio en Valdeorras, continuou nas sucesivas fins de semana nas Rías Baixas e o Ribeiro, recala agora na Ribeira Sacra e rematará o 2 de xuño en Monterrei.

A proposta impulsa a viticultura e o turismo enogastronómico como principais elementos dinamizadores deses territorios, promocionando a súa oferta turística e incentivando a comercialización dos seus viños.

Arias destacou que o sábado, 25 de maio, e o domingo, 26 de maio, están previstas visitas guiadas durante todo o día para percorrer algunhas das 13 adegas adheridas ao programa, museos e outros lugares de interese; inclúen o traslado en autobús con saídas desde A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo, neste caso desde a Praza de Bretaña ás 9.30 horas.

Ademais, a iniciativa de Turismo de Galicia ofrece desde este venres 13 actividades en distintas localizacións da Ribeira Sacra, entre elas a ruta literaria “Todo esto te daré”, baseada no libro de Dolores Redondo, unha excursión en segway, paseos en barca polo río,e visitas ao Centro do Viño, o ecomuseo de Arxeriz, Monforte de Lemos, varios miradoiros, ou as oliveiras, viñedos e o Museo Etnográfico de Quiroga, entre outras. Os detalles de cada experiencia poden consultarse na web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

Primavera portas abertas Ruta do Viño presentación 2024 / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade,...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...