HomeDeportes1 de xuño de Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria

1 de xuño de Festa do Motor 4×4 Comarca de Sarria

A primeira Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria, que organiza o club “Os Carro x Catro” celébrase este sábado, 1 de xuño, no polígono do Morelle da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa do Motor 4×4 Comarca de Sarria conta co apoio da Xunta de Galicia. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacaba na presentación o labor dos organizadores, que “logo do éxito acadado coa ruta celebrada en novembro, innovan cunha festa que aspira a ter continuidade no calendario e que se centra nun dos aspectos máis valorados polo público, as probas de habilidade nun circuíto acondicionado para a ocasión”.

Á cita acudirán uns 100 participantes chegados dende diferentes puntos de todo Galicia, Asturias, e Castela e León, con vehículos todoterreo, quads, motos e buggies. O programa abrirase cunha exhibición para mozos e cativos, ás 09.30. Ás 10.45 horas comezarán as probas de habilidade para motos e quads, e ás 15.30 horas as de buggies e todoterreos.

Festa do Motor 4×4 Comarca de Sarria /Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...