HomeMedio ambiente e Patrimonio8 e 9 de xuño para escaparse á Guimaralia

8 e 9 de xuño para escaparse á Guimaralia

‘Escapada á Guimaralia’, froito da colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e o Albergue municipal, ofrece unha fin de semana completa para coñecer a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta dunha fin de semana de camiñadas, cata musical e visitas culturais nace da colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e o Albergue Municipal, para coñecer a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do municipio.

Ofértase un conxunto de actividades, incluíndo durmida e todas as comidas, dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. As actividades do sábado terán lugar na parroquia de Vilachá de Salvadur. Proponse un paseo pola Ribeira Sacra atravesando viñedos e con visita guiada ao xacemento dos Conventos. A xornada acaba cunha cata musical nas adegas medievais de Vilachá para degustar viños locais entre as cancións do veciño e músico Suso 40. 

O domingo comeza cun paseo polo Camiño de Inverno pasando polo Casco Histórico da Pobra do Brollón, onde se fará unha pequena visita guiada. A ruta continúa ata o Castro de San Lourenzo en Cereixa, e remata no lugar de memoria histórica da Casa de Repil. O día péchase cunha comida no Fogón en Cereixa, a primeira parrillada da provincia de Lugo. 

O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a cea do sábado, o almorzo e xantar do domingo, e durmida no Albergue da Pobra do Brollón. É preciso reservar praza antes do 2 de xuño. Para máis información e reservas hai que contactar co Albergue no teléfono 609490941.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...