HomesociedadeFormación en cestaría para a Asociación As Cavarcas do Incio

Formación en cestaría para a Asociación As Cavarcas do Incio

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou ao Concello do Incio unha formación centrada na elaboración de cestaría. A actividade organizada pola Asociación As Cavarcas do Incio fixo que 14 veciñas e veciños da localidade aprenderon a elaborar cestas de vimbio coa artesá Beatriz Valín. Posteriormente mantivéronse expostos os traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende As Cavarcas destacan a importancia de que a institución provincial, a través da área de artesanía, achegue estas iniciativas para dar a coñecer as tradicións ao tempo que se dinamiza o rural. Tamén destacan a importancia desta formación que a partir dos vindeiros meses reunirá a un grupo de participantes mensualmente para continuar o traballo artesanal. Pola súa banda, a vicepresidencia provincial enmarca esta iniciativa no apoio ao tecido asociativo da provincia.

Á formación en cestaría súmase ao programa que a área de Rural desenvolve ao longo do ano xunto ás Cavarcas do Incio para o aproveitamento produtivo do monte e a conservación do patrimonio cultural. Deste xeito, no mes de maio levouse tamén a cabo unha xornada de cultivo de cogomelos impartida pola Sociedade Micolóxica Lucus.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...