HomesociedadeMonforte celebra este 31 de maio o Día Mundial sen Tabaco

Monforte celebra este 31 de maio o Día Mundial sen Tabaco

O Concello de Monforte conmemora este venres o Día Mundial sen Tabaco, coa organización de diversas actividades, en coordinación coa Unidade Asistencial de Drogodependencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte instalará pola mañá na Praza de España unha mesa informativa, en colaboración coa AECC, para ofrecer á cidadanía folletos e guías sobre o risco para a saúde e as prestacións económicas, ademais de dous servizos, que se poden conseguir mediante o abandono ou o consumo.

Ás 12:00 h., a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, inaugurará na Casa da Cultura unha exposición con traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda a zona e en relación coa temática abordada.

Neste espazo tamén haberá un haberá un fotocall para que as persoas que o desexen poidan facerse unha foto e subila ás redes, e así colaborar na campaña permanente de loita contra o tabaquismo.

Finalmente, pola noite, a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor vermella, para conmemorar este día Mundial sen Tabaco.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...