HomesociedadeA V Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra xa ten gañadores

A V Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra xa ten gañadores

Participaron 141 viños, de 57 adegas da D.O. Ribeira Sacra, dos que 26 foron os premiados. As categorías repártense entre tintos, brancos, rosados e magnum, e cada unha destas en Gran Patrimonio, ou Patrimonio, agás a de rosados que só ten o galardón de Gran Patrimonio.

Publicado o

- Advertisement -
Rematada a “ V Cata Concurso PATRIMONIO RIBEIRA SACRA”organizada polo Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte e a Asociación Galega de Enólogos, participaron 57 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cun total de 141 viños.
Das 61 mostras de tintos xóvenes colleita 2017 pasaron a final 17 e das 46 mostras de tintos barrica e outras añadas, pasaron 16. Os brancos xóvenes colleita 2017 (17 mostras), os brancos barrica e outras añadas (7mostras), as magnum (6 mostras) e os rosados (4 mostras) pasaron directamente a final por ter un número menor de viños
O panel de cata estivo formado por 22 catadores: enólogos que traballan nas adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, enólogos da Asociación Galega de Enólogos, un xornalista especilizado en viños e un represent ante do panel de cata do CRDORS.
O Xurado estivo composto por D. Juan Manuel Casares, Director del Evega,
D. Luis Buitrón, Presidente da Asociación Galega de Enólogos e Vicepresidente da Asociación Nacional de Enólogos e, D. José Ramón Martinez, Xerente do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Tintos xóvenes da colleita do 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Guimaro
– Gaela Os queixeiros
– Viña Peón

Tintos xóvenes da colleita do 2017 PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Adega Vella 988
– Xiana
– Casa Moreiras Selección
– Chuzos de Punta
– Finca Cuarta

Tintos barrica e outras anadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Promine 2016
– Don diego 2017
– Corga 2014

Tintos barrica e outras anadas PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Abadia da Cova 2016
– Veiga do Bacelo 2016
– Proencia 2012
– Asolagados 2017
– Cividade 2017

Brancos xóvenes da colleita do 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Almalarga.
– Viña Vella.

Brancos  xóvenes da colleita do 2017 PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Viña Garoña.
– Ponte da Boga Albariño.

Brancos barrica e outras anadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Finca Millara 2016.

Brancos barrica e outras anadas PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Pombares Gloria 2016.
– Adega Vella 1904 – 2017.

Magnum GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Ponte da Boga 2017.

Magnum PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Cypressus 2017.

Rosado GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Peza do Rei.

O galardón Gran Patrimonio equivale a medalla de ouro e Patrimonio a de prata. Os premios entregaranse na semana do 17 de Decembro.

 

 

 

ÚLTIMAS

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...