HomeDeportes72 equipos no IX Torneo de Fútbol Memorial Pedro Canoa de Sarria

72 equipos no IX Torneo de Fútbol Memorial Pedro Canoa de Sarria

O IX Torneo Memorial Pedro Canoa de Sarria reunirá esta fin de semana a uns 900 xogadores de entre 5 e 13 anos no estadio da Ribela. Os partidos comezarán o venres 7 de xuño pola tarde coa categoría prebenxamín; mentres que o sábado xogarán benxamín e alevín e o domingo será a quenda da categoría infantil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, participou na presentación da cita xunto co presidente da SD Sarriana, Manuel Sangil; o coordinador do campionato, José López, e outros membros da organización e de entidades implicadas.

O torneo disputarase durante tres días e congregará a 72 equipos de 24 clubs procedentes das catro provincias galegas, así como de Asturias e Castela e León.

Arias felicitou á SD Sarriana pola traxectoria deste encontro que cada ano esperta máis interese entre os clubs de fútbol e subliñou a importancia do deporte e dos hábitos de vida saudables “como un valor que lles hai que transmitir aos máis pequenos”

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...