HomesociedadeA revista HGg&T premia a 20 adegas da Ribeira Sacra pola calidade...

A revista HGg&T premia a 20 adegas da Ribeira Sacra pola calidade dos seus viños

Hoxe luns 26 de novembro entréganse os diplomas ás adegas da Ribeira Sacra gañadoras das medallas de ouro ou prata nas catas celebradas entre os anos 2013 e 2017

Publicado o

- Advertisement -

As adegas de la D.O. Ribeira Sacra recibirán as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, cun acto que celebra este luns 26 de novembro ás 12:00 nas instalacións do Centro do Viño da Ribeira Sacra

Un total de 20 adegas están convocadas a este entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio.

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, fará de mestre de cerimonias. Os premios serán entregados por Guillermo Campos, fundador de revista Hostalería Galega e Turismo; María Campos, directora da publicación, e  Victoriano Castro, director comercial.

No primeiro trimestre do próximo ano, HGg&T anunciará a convocatoria da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das catas celebradas ao longo de 2018.

A cerimonia é a segunda parte da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Carballiño na primavera, na que foran proclamadas esas distincións.

Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...