HomeEconomía305.000€ para un novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo en Monforte

305.000€ para un novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo en Monforte

A actuación enmárcase no programa de melloras das infraestruturas municipais, tanto no eido urbano como no medio rural, e no propio Polígono do Reboredo que desenvolve o concello de Monforte desde o ano 2015.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O aparcamento actual, que se ubica na marxe esquerda da vía principal do Polígono, fronte as empresas Oviganic e a Gallaecia Delicatessen, ten unha superficie dun 2.200 m² e é maioritariamente utilizado con camións. Actualmente é unha explanada sen ordenar e cun pavimento asfáltico bastante deteriorado.

Coa obra que iniciará o Concello nos vindeiros meses, construirase un novo aparcamento cunha superficie total de 6.400 m², o triple que a superficie actual, cun pavimento de aglomerado asfáltico en toda a calzada e de formigón semipulido na beirarrúa perimetral que o circunda.

A capacidade total do aparcamento será de 17 camións e 64 turismos. Ademais, e tal e como esixe a normativa vixente, contará con 2 prazas de aparcamento adaptadas e 4 prazas con cargadores eléctricos.

En canto á dotación de servizos, contará con:

  • Zonas verdes e árbores que darán sombra ás prazas de aparcamento.
  • Instalaranse 3 fontes de auga potable e 2 zonas para contedores de residuos sólidos urbanos.
  • Instalación de pluviais para recoller todo a auga da choiva da zona e sumidoiros.
  • Iluminación pública, con luminarias LED sobre columnas metálicas de 12 metros.
  • Instalación de electricidade para alimentar os cargadores eléctricos das catro prazas mencionadas.
  • Rede de telecomunicacións, para dar servizo ás 6 cámaras de videovixilancia que se instalarán nesta zona.
  • Rede de abastecemento para dar servizo ás 3 fontes sinaladas.

Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 305.250,57 euros, IVE engadido, contando cunha subvención da Consellería de Economía e Industria do 39,31%.

O vindeiro luns 17 de xuño aprobarase o proxecto en Xunta de Goberno e ó día seguinte, o martes 18 de xuño, sairá a licitación coa súa publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo para a presentación de ofertas será ata o luns 15 de xullo. As mesas para a apertura dos correspondentes sobres celebraranse o 17 e o 24 de xullo. Unha vez licitado e asinada a acta de replanteo, o prazo de execución da obra estímase en 2 meses.

O Alcalde concluíu salientado que “hoxe é outro día importante para o desenvolvemento e mellora do Polígono, un paso máis na folla de ruta de melloras que dende este Equipo de Goberno estamos levando a cabo no Polígono Industrial do Reboredo, cuxa promoción e mellora é un dos piares da miña acción de goberno, dende que cheguei á Alcaldía.”

O Concello desenvolve xunto co SEA e o SEPES, a ampliación deste polígono que suporá duplicar a súa superficie, sumando 275.000 metros cadrados máis que, sumados que ás 16,5 hectáreas cedidas pola Deputación de Lugo, farán que se converta nun dos máis grandes do interior de Galicia, superando os 823.000 m2, cunha proxección de futuro moi importante. Construirarase tamén unha nova depuradora, xunto á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, dotada con 4,6M€ de investimento

O éxito do Polígono tradúcese no interese crecente de empresas por implantarse no mesmo, grazas á promoción que ven facendo o Concello nos últimos anos, como o caso anunciado da farmacéutica KernPharma, que construirá unha planta de produtos inxectables, cun investimento de máis de 60M€ e con máis de 100 empregos, ou a ampliación e mellora das instalacións da empresa de produtos lácteos Oviganic Ibérica, e novos proxectos industriais que están en fase de anteproxecto.

ÚLTIMAS

Alcer Lugo visitou Monforte cunha ruta accesible do Coñece a túa provincia

23 usuarios e usuarias de Alcer Lugo que dá apoio aos doentes de ril...

“A calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable”, Antonio Lombardía, Presidente da D.O. Ribeira Sacra

A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita de 4.881.326 quilos...

Recital de Yolanda Castaño na Pobra do Brollón

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá este sábado un recital poético multimedia...

En marcha a cuarta campaña arqueolóxica no Preguntoiro, Pantón, cun orzamento de 16.400€

Estas tarefas veñen dar continuidade ás tres campañas anteriores, realizadas entre 2021 e 2023,...