HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada aumenta a capacidade e mellora os servizos do...

O Concello de Chantada aumenta a capacidade e mellora os servizos do punto limpo

“O punto limpo para un Concello como Chantada estábasenos quedando pequeno, pensamos que era necesario amplialo para dar un mellor servizo, hai que lembrar que os puntos limpos que temos circulando polas aldeas hai que tratalos despois aquí”, destaca o concelleiro de medio ambiente, Diego Otero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén ampliando e mellorando o punto limpo do municipio desde o 2022 a través da concesión dunha axuda a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia financiado pola Unión Europea-Next Generation UE.

Así no 2022 adquirouse unha traspaleta pesadora para os residuos de pequeno tamaño. No 2023 ampliouse a superficie de almacenamento en 350 metros cadrados para instalar dous novos contedores de gran volume e outros seis contedores de medio volume. Compráronse estes contedores e xaulas de almacenamento para distintas fraccións de residuos como televisores, impresoras, batidoras,… Ao contar con máis superficie ampliouse tamén a tipoloxía de residuos autorizados a depositar polos usuarios, mellorando o servizo e evitando así vertedoiros incontrolados. Neste ano completáronse as melloras coa impermeabilización das zonas de almacenamento de residuos perigosos para optimizar as condicións das instalacións, creando barreiras protectoras ante calquera incidente e asegurando unhas óptimas condicións medioambientais da contorna

Neste 2024 adquirirase unha báscula para grandes volumes ou residuos de camións. “A mellora na caracterización ou rexistro das diferentes entradas de residuos favorece a xestión dos materiais de entrada”, como apunta Diego Otero.  En setembro deste ano están previstas novas obras polo que se pechará o punto limpo. Neste caso mellorarase a cartelería para unha correcta separación de residuos e concienciar aos usuarios favorecendo a reciclaxe ou a revalorización dos residuos.

Punto limpo Chantada / Concello de Chantada

Xa para o 2025, ano no que remata esta liña de axudas, instalarase un sistema de videovixilancia, para xustificar os verquidos de residuos fóra de horario ou outro tipo de incidencias. “Coa videovixilancia evitaremos que se produzan feitos como deixar residuos na porta do punto limpo fóra do horario establecido ou outro tipo de actos vandálicos como os incendios que se deron noutros lugares”, apunta Otero.

Todas estas medidas, nas que se invisten 102.881€, axudarán a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e mellorarán as condicións do servizo. Estímase que tralas melloras o punto limpo de Chantada recolla uns 100.000 quilos de residuos ao ano. Como explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, con estas catro anualidades aténdense as necesidades e demandas da cidadanía do municipio, “Así quedará para moitos anos, ogallá a xente siga usando os puntos limpos e nos vexamos na necesidade de ter que amplialo outra vez. A parcela quedou preparada para unha futura ampliación se fora necesaria”.

ÚLTIMAS

Nova maquinaria para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de presentar ao entorno produtivo, alumnado e profesorado o...

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...