HomesociedadeO IES Río Cabe felicita ao seu alumnado polas notas da ABAU

O IES Río Cabe felicita ao seu alumnado polas notas da ABAU

Cento por cento de aprobados con seis alumnas e un alumno que superaron o 9 na cualificación da proba de acceso á universidade. Ademais, a alumna Nadine López Aira, foi mellor nota de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o IES Río Cabe veñen de faccer público un comunicado no que trasladan unha felicitación a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado e persoal non docente) polas notas acadadas polo alumnado de 2º BAC nas probas da ABAU celebradas hai uns días.

Alén da transcendencia que está tendo a alumna Nadine López Aira, mellor nota da ABAU de toda Galicia, cómpre salientar que este centro de ensino pode presumir dos excelentes resultados xerais cun 100% de aprobados. Seis alumnas e un alumno acadaron máis dun 9 na cualificación da coñecida proba de acceso á universidade.

Dende a dirección do IES Río Cabe trasládanlles así, os seus parabéns a todas e todos, amosando a súa total satisfacción polas notas acadadas e deséxanlles unhas merecidas vacacións e moita sorte na nova etapa.

Lembran, tamén no comunicado, que se presentou a estas probas alumnado do Bacharelato Semipresencial da quenda de nocturno, acadando moi bos resultados.

NADINE LÓPEZ AIRA

Esta monfortina, alumna do IES Río Cabe, conta con 17 anos e vén de sacar a nota máis alta da ABAU de Galicia, un 13,98 sobre 14. Na parte obrigatoria obtivo un 9,98 sobre 10, e na parte voluntaria un 4 sobre 4.

Unha nota premium para unha rapaza “de ciencias” que recoñece, nunha entrevista para La Voz de Galicia, Edición Lemos, que lle gustan as matemáticas dende pequena e que dende terceiro da ESO tamén lle enganchou a física. Asímesmo, tamén conta que “levar unha boa vida non impide dedicarlle tempo a estudar”.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....