HomeComarca de SarriaSarriaAs Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

As Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

A vila de Sarria comeza hoxe, coincidindo coa estrea do verán, as súas Festas Patronais. Este ano, por varias iniciativas do Goberno Local, serán aínda ‘máis inclusivas’ que outros anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Falamos con María Eugenia Valcárcel López, concelleira de Festas no Concello de Sarria, para coñecer unha serie de medidas que impulsan dende o equipo de goberno este ano para intentar acadar unha “igualdade real para todos e todas” tamén á hora de vivir as festas populares.

“Dende a Concellería de Festas seguimos intentando que estas sexan para todos e para todas. Por iso cada ano damos un pasiño adiante para facelas inclusivas a todos e a todas. O ano pasado puxemos tres días con dúas horas sen ruído e este ano xa serán os 5 días os que terán esas 2 horas sen ruído. Concretamente  será de 18:30 a 20:30 h. para así facilitar que moitas nenas e nenos, e incluso maiores, que teñen hipersensibilidade ao son elevado como hai na zona das atraccións, poidan acudir a elas como fan os demais”, comenta María Eugenia Valcárcel.

UN PREGÓN INCLUSIVO

Este ano, ademais de engadir as devanditas horas sen son ás festas, a concelleira preséntanos outra novidade relacionada coa inclusión. “Imos ter tamén un intérprete de signos por primeira vez durante o pregón para que as persoas con problemas de audición poidan escoitar a través dos signos da mensaxe do noso pregoeiro, Arlindo”, afirma Valcárcel.

O pregón, a cargo do popular “Arlindo” Xaime Félix López Arias–, está programado para este venres 21 ás 20:00 h. na Casa do Concello e ben seguro que engaiolará a todas e todos os presentes. A concelleira, refire o seguinte del: “é unha persoa moi querida por todas e todos, moi traballador, que pon a Sarria por enriba de todo… É a nosa hemeroteca para calquera evento, está sempre para calquera dúbida, para calquera petición, para calquera suxestión… sempre o temos ao noso carón para botarnos unha man, para darnos información, para colaborar, para facernos de guía, para o que sexa necesario”.

QUE COMECE A FESTA!

Respecto ao programa, María Eugenia dinos que hai que gozalo todo porque é moi completo, con moita música de rúa, atractivos concertos e verbenas con grandes orquestras… E lembra como día grande o domingo 23 coa súa ‘Noite do Lume”, na que haberá unha queimada popular, a tradicional Fogueira de San Xoán e a intervención dos “Demonis co seu Correfoc”.

O programa completo das Festas Patronais pódese seguir na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...