HomesociedadeAberto o prazo para solicitar as axudas do programa "Voluntariado Senior"

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa “Voluntariado Senior”

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para que as entidades de acción voluntaria e os organismos locais soliciten acollerse ás axudas do programa Voluntariado sénior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotada con 100.000€ coa finalidade de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a oportunidade de desenvolver actividades de voluntariado, favorecendo así que manteñan unha vida activa e se contribúa a aproveitar, como sociedade, todos os seus coñecementos de vida.

O prazo para formar parte desta liña de subvencións estará aberto durante un mes. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica. Cómpre lembrar que o orzamento desta convocatoria repártese en 55.000€ para entidades privadas sen ánimo de lucro e 45.000€ para as entidades locais.

Segundo as bases publicadas, non serán obxecto de subvención aqueles proxectos que conten con máis de 8 persoas participantes. No caso de que as solicitudes sexan achegadas por entidades locais resultado dunha fusión, agrupación, asociación, mancomunidade ou similar, a cifra de participantes poderá ser de ata 20 persoas.

No relativo a contía das axudas, será de ata 2.400 euros nos casos de que haxa 8 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días. Para os proxectos que conten con 20 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días será de ata 6.000€. Ademais, serán subvencionables as iniciativas que se realicen entre o pasado 1 de xaneiro e o vindeiro 31 de outubro deste ano e a súa duración debe comprender entre 15 e 60 días. As entidades locais poderán concorrer á convocatoria de xeito individual ou conxuntamente baixo fórmulas de agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar.

Proxectos subvencionables

As temáticas das propostas que poden optar a estas axudas son as actividades relacionadas co Camiño de Santiago; accións de recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas; intervencións orientadas á conservación da natureza e creación de contornas saudables; proxectos relacionados coa igualdade de xénero ou actuacións orientadas á innovación e investigación en relación co benestar das persoas maiores.

Tamén serán subvencionables actividades cuxo obxectivo sexa a humanización das contornas rurais e urbanas; as que garden relación co fomento da utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación; as que recollan iniciativas de mellora dos servizos comunitarios; as encamiñadas a orientar a eliminar estereotipos sobre as persoas maiores ou as propostas que fomenten a cooperación interxeracional como xeito de aprendizaxe mutua.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...