HomePolíticaO PP de Monforte pídelle ao alcalde que desbroce para acabar coa...

O PP de Monforte pídelle ao alcalde que desbroce para acabar coa imaxe de abandono do municipio

Dende o Grupo Municipal Popular tamén se defenderon iniciativas para tentar rebaixar a presión fiscal que sofren os monfortinos, como as mocións para realizar unha rebaixa fiscal do Ibi na zona rural e dunha bonificación no IVTM para vehículos de máis de 25 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, nos últimos plenos, a preguntas do Grupo Popular, o alcalde asegurou que Monforte estaría desbrozado ao remate de xuño pero “non moveu nin un dedo”.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “xa estamos en pleno verán e con temperaturas en Monforte que superan practicamente a diario os 30º, polo que esta debería ser unha das preocupacións do alcalde, por seguridade para evitar posibles incendios”.

Neste senso, os concelleiros populares estiveron recentemente en Piñeira, tras recibir queixas dos veciños por diferentes eivas como que a zona peonil da estrada principal, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, “está sen desbrozar, ocupando a maleza a beirarrúa e a beiravía, impedindo o paso dos peóns nunha parroquia moi poboada e moi próxima a unha zona escolar e deportiva”.

Nunha situación semellante están moitas outras parroquias polo que “agardamos que nos próximos días o alcalde corrixa esta situación xa que mantén Monforte nun estado de abandono que non imos a permitir”.

Varela explica tamén que defenderon no pleno un rogo para habilitar prazas de estacionamento temporal nas proximidades das farmacias para que os seus usuarios teñan garantido unha praza para aparcar cando precisan ir a un destes establecementos a mercar medicamentos. “A sorpresa foi que o equipo de goberno desestimou esta petición, pero si que lle pareceu acaído aprobar a instalación de cámaras nas rúas e zonas peonís para controlar o acceso, amosando un claro afán recadatorio”, conclúen desde o PP.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...