HomesociedadeRecoñecemento do IES A Pinguela aos mellores expedientes do curso 23/24

Recoñecemento do IES A Pinguela aos mellores expedientes do curso 23/24

O alumnado do IES A Pinguela que obtivo unha media superior a 9 neste curso 2023/2024 recibiu, como todos os anos, unha matrícula de coche co seu nome que os afirma como sobresaíntes. Este ano ascenden a 67 e están en todos os niveis educativos, o que supón unha media do 15% do alumnado do instituto con cualificacións excelentes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Foi un acto entrañable que supuxo rematar o curso de vez e poñerlle a proa ó verán e a un merecido descanso. Entregáronse tamén diplomas ós mellores expedientes de cada etapa educativa:

  • 1º e 2º de ESO: Claudia Blanco Buján
  • 3º e 4º ESO: Blanca González Rodríguez
  • De Bacharelato: Eva Martínez López
  • En FP Básica o mellor expediente foi para Gisela Fernández Rodríguez e Vianllely Mejía Núñez.
  • Nos ciclos medios de FP, Mónica Gamallo Torres, alumna de Confección e Moda.
  • Nos Ciclos superiores de FP, Ainoa Vázquez Rodríguez, de Administración e Finanzas.

O equipo de orientación entregou un premio ó esforzo académico a Jorge González, Alejandro Díaz, Luis Leyva e Hugo Tourón. Entregáronse tamén mencións ó alumnado de 1º e 2º ESO que participou no Programa de Mellora da Excelencia en Matemáticas: Iria, Carlota, Hugo, Manuel, Claudia, Carla, Daniela e Raúl. Queda pendente para setembro a entrega de matrículas ó alumnado de FP dual, que neste momento se atopa realizando a súa estancia nas correspondentes empresas.

ABAU IES A Pinguela 23-24

Coma todos os anos, recibiron un premio especial do IES A Pinguela os 7 alumnos que na fase xeral das ABAU conseguiron máis dun 9:

  • María Martín Rodríguez
  • Eva Martínez López
  • Gabriela Corral Castro
  • Sara González Fernández
  • Nuria Martínez Pulido
  • Juan Rodríguez Carballo
  • Julia Pérez Pérez

“Felicitámolos sobre todo polo traballo desenvolto durante estos 2 anos de bacharelato, o que non lles impediu unha permanente colaboración coas actividades no instituto. Tamén porque teñen unhas cualificacións importantes na parte voluntaria que lles permitirá realizar o seu soño universitario”, sinalan desde o centro.

Engaden, “No IES A Pinguela estamos orgullosos do resultado das ABAU tamén en 2024 e
desta promoción de 2º de Bacharelato que nos confiou a súa formación postobrigatoria”. Dos 42 alumnos/as que superaron as probas (96% de aprobados), sumando as materias específicas, 14 alumnos superan o 12 (a terceira parte dos presentados), dos que 3 están amplamente por encima do 13, o que permite visualizar o esforzo desenvolvido durante estes dous anos.

“Todo iso nos sinala coma un centro dinámico e cheo traballo académico e de
actividades creativas durante o ano escolar, polo que os felicitamos a todos!”, conclúen.

Mellores expedientes IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...