HomeDeportes83 deportistas monfortinos participan desde este domingo nos XV Xogos do Eixo...

83 deportistas monfortinos participan desde este domingo nos XV Xogos do Eixo Atlántico en Portugal

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, animou ós 83 monfortinos e monfortinas, entre deportistas e adestradores, que partiron este domingo cara Portugal, para participar nos XV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán nas cidades de Vila Nova de Famalicão e Braga, do 30 de xuño ao 5 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición monfortina partiu este domingo ás 10:30 horas dende a Praza da Compañía, como é habitual. O Alcalde animou así á delegación de deportistas monfortinos na súa nova participación nos Xogos do Eixo Atlántico: “estou seguro que o farán coa ilusión e ambición de acadar o mellor dos resultados.”

Os deportistas monfortinos competirán nas modalidades de Baloncesto (feminino e masculino), Fútbol 7 (masculino), Voleibol (feminino), Atletismo (masculino) e Natación (feminina e masculina). “Dende Monforte agardamos que colleiten novos éxitos para a nosa cidade, como no pasada edición na que conseguiron a medalla de prata en voleibol”, destacou o rexedor monfortino.

As modalidades deportivas nas que se competirán en xeral nos Xogos son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino. Nesta ocasión as competicións desenvolveranse paralelamente en Vila Nova de Famalicão e Braga, as dúas cidades organizadoras dos XV Xogos do Eixo Atlántico.

Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 200 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a cidadanía.

José Tomé concluíu desexando que “estra 15ª edición dos Xogos do Eixo sexa todo un éxito e que os centos de mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal, e por suposto de Monforte, que compiten, que o fagan dende os valores do deporte, do o esforzo e o compañeirismo. Sorte a todos, e esperámolos de volta o día 5 coa alegría de haber participado nunha competición deste nivel”.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...