HomeCulturaAna Tijoux, Green Valley, Los de Marras e Javi Maneiro, novos artistas...

Ana Tijoux, Green Valley, Los de Marras e Javi Maneiro, novos artistas no Trece Roeis Fest

No derradeiro avance, a organización desvela 8 artistas máis dos ámbitos internacional, español e galego que se suman a Soziedad Alkoholika, Sôber, Fillas de Cassandra ou Sara Socas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Trece Roeis Fest, tras anunciar a volta deste festival sen ánimo de lucro da Ribeira Sacra para os días 30 e 31 de agosto, comparte o derradeiro avance de cartel que inclúe unha importante aposta pola música feita en Galicia así como a chegada da primeira actuación internacional.

No seu quinto aniversario, a organización do festival que mantén o seu compromiso coa música e os grupos galegos, amplía o cartel tanto en número de actuacións como na procedencia dos artistas.

Neste sentido, o cartel complétase coa artista chilena, Ana Tijoux, que co seu hip-hop colorido e fusionado amosa un grande compromiso político e social. Ela conta cun Latin Grammy (2014) pola canción Universos Paralelos na que colaborou co uruguaio Drexler e o Premio Altazor (2012) así coma diversas nominacións aos Grammy, MTV Awards ou MTV Music Awards, entre outros.

A Tijoux tamén se lle une a banda de Reggae e Dancehall Green Valley, que tras xirar por España, Colombia, México, Arxentina ou Chile traen a súas letras positivas e reivindicativas ao escenario do Trece Roeis Fest 2024.

Con 7 discos ás súas costas, os valencianos Los de Marras e o seu autoproclamado “guarrocanrol” son outra das últimas confirmacións deste festival. Tamén con moita historia e tendo acompañado ao Trece Roeis Fest noutras dúas ocasións con Heredeiros da Crus (en 2019 e 2022), chega coa súa aposta en solitario Javi Maneiro.

Xunto con estas últimas confirmacións tamén chegan as de Baturruka, a batucada da capital da comarca da Terra de Lemos, o concerto punkinfantil de Peter Punk e Brais Hortas, sesión DJ e a actuación do Mago Teto.

Estas son as 8 actuacións que pechan o cartel musical do 5º aniversario, xunto coas xa confirmadas e que son: Soziedad Alkoholika, Sôber coa súa xira 30 aniversario xunto con Savia e Skizoo, Fillas de Cassandra, Rebeliom do Inframundo, Arrhythmia, Pauliña, Xabier Vizcaíno, Festicultores Troupe, TIAM Gz, Amoebo e Exeria.

A organización indica que a venta de entradas está habilitada a través da súa páxina web www.treceroeisfest.com e, coma outros anos, nos vindeiros días compartirán máis información co resto de actividades e novas desta edición.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...