HomeCulturaO teatro abre este 5 de xullo a programación cultural de verán...

O teatro abre este 5 de xullo a programación cultural de verán en Pantón

O Concello de Pantón dá a coñecer a actividade que a Concellaría de Cultura programa para os meses de xullo de agosto. Tendo como escenarios principais a Praza do Concello e a Casa da Cultura, contarase con teatro, actuacións musicais, monólogos e propostas de humor, ademais de diferentes actividades do Programa Ler conta moito que teñen como principais destinatarios ós/ás máis novos/as da casa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita terá lugar o 5 de xullo. Lila Teatro representará a partir das 23:00h. na Praza do Concello a obra “Diógenes”. O día 12 actuarán Paty Lesta & The Hits, cuarteto formado por voz, piano, contrabaixo e batería que repasará en concerto algúns dos hits que marcaron a historia da música con artistas como Joe Cocker, Michael Jackson, Tina Turner, Luz Casal, Elvis Presley, Queen ou Police.

A Praza do Concello volverá a encherse de música o 19 de xullo ás 23:00h. Iria Estévez e a seu repertorio de fados en “De Amalia a Chavela”. Un día despois, o 20 de xullo, regresan as representacións teatrais, Teatro ó Cubo representará desde as 22:30h. na Praza do Concello, A Utópica Rodante “De Vilatriste a Vilalegre”.

A programación cultural no mes de xullo complétase con dúas propostas, que terán lugar os días 23 e 24 de xullo. Na primeira xornada contarase cunha actividade do programa Ler conta moito. Ás 11:30h. na casa da cultura a Compañía Garabullos porá en escea “Pirula e o misterio das abellas”. O día 24 o cantante e compositor galego, Roi Casal, ofrecerá ás 23:00h. na Praza do Concello, o espectáculo “Xira ambos mundos”.

A programación de agosto ábrese o día 2 cunha nova actividade do programa Ler conta moito. Ás 11:30h. na casa da cultura, a narradora e titireteira, Carmen Domech, achega aos nenos e nenas de Pantón, “Onde viven os monstros”. O 9 de agosto, o actor, humorista e monologuista, Alberte Montes, ofrece o seu monólogo, “Patrón”, ás 22:00h. na Praza do Concello.

A ilustradora e autora de cómics, Bea Lema, chega o 16 de agosto ás 11:30h. á casa da cultura, co programa Ler conta moito, e a súa proposta “Ilustración con tecido e fío”. O Verán Cultural e Pantón rematará o 23 de agosto. Xograres de Lemos ofrecerá música de baile desde as 22:00h. na Praza do Concello.

“Esta programación cultural para os meses de xullo e agosto completarase coas nosas Festas Pantronais e con citas de referencia no noso concello como Trece Roeis ou a Rota do Románico de Pantón que aínda ten actividades durante este mes. Ademais desde este 1 de xulllo temos os Campamentos de Verán co servizo madruga para favorecer a concilicición e este 2 de xullo abrimos as piscinas. Con todo queremos que veciños e visitantes teñan en Pantón durante estes meses as alternativas de lecer que buscan”, asegura o alcalde, José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...